Candia reclama á Deputación que desbroce viais como a dos Remedios en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Aug 2019

A voceira do Grupo Provincial Popular lamenta que “o presidente da Deputación –que tamén é o responsable de Vías e Obras- non buscase solucións para axilizar os traballos de roza nas estradas provinciais coa mesma rapidez que pediu instalar un cronómetro para as sesións plenarias” e recórdalle que “o tempo tamén está pasando e as estradas que son titularidade da Deputación seguen, a finais de agosto, cheas de maleza co perigo que iso supón para os seus usuarios”. Entre os exemplos pon unha zona mindoniense, como a dos Remedios.

“Xa non hai palabras para cualificar o estado no que se atopan as estradas de titularidade provincial. É inconcibible que a punto de rematar o verán os labores de desbroce estean sen acometer”, manifesta a popular. Trátase dunha situación “insostible” debido, “unha vez máis, á falta de previsión por parte dos socialistas que desatenden un traballo que cada ano demoran máis”.

“Non se entende que unhas importantes tarefas que afectan á seguridade na rede viaria que empregamos a diario a maioría dos lucenses aínda non se puxeran en marcha”, explica Candia que engade que “nestes meses o risco de incendios é maior debido ás altas temperaturas e as marxes das vías provinciais cheas de maleza non axudar a previr a propagación de posibles lumes”. No mesmo sentido, “nin que dicir ten a imaxe de abandono da provincia que proxectamos os lucenses aos nosos visitantes”. 

Precisamente é nesta época cando o conxunto da provincia recibe un maior número de visitantes e, polo tanto, a cifra de desprazamentos por estradas aumenta; pero, aínda así, “dende o Executivo provincial non axilizaron a adxudicación dos traballos de roza que a día de hoxe seguen sen realizarse cando dende o Grupo Provincial Popular xa solicitabamos a comezos do verán o inicio destes traballos coa máxima urxencia”. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17574715614319