Cancelado o concerto de Nadal da Banda de Música de Ribadeo

AMariñaXa
A Banda Municipal de Música de Ribadeo cancelou o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena
aqui como en viena cancelado
27 Dec 2021

A Banda Municipal de Música de Ribadeo informou que o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, queda cancelado polo aumento de casos de covid no Concello.

Dende a organización comunicaron "que debido ao aumento de casos e moi ao noso pesar o concerto previsto para mañá cancélase. Tanto desde Amadores da Música como desde a dirección da Banda, consideramos que é o máis prudente tal e como está a situación da pandemia. O primeiro é a saúde. Pedimos desculpas anticipadas polas molestias ocasionadas".

 

concerto aqui como en viena 2021
0.095821142196655