Cancelada outro ano máis a Romaxe Vikinga do Vicedo
AMariñaXa
A organización da Romaxe Vikinga do Vicedo comunicou a súa cancelación pois "este ano debido ás restriccións non podemos celebrala".
27 May 2021
A organización da Romaxe Vikinga do Vicedo comunicou a súa cancelación un ano máis, pois "este ano debido ás restriccións non podemos celebrala".
Este ano, acadaría a sexta edición, e íase celebrar os días 24 e 25 de xullo.
O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, dixo que estiveron esperaron ata o último momento para poder tomar unha decisión sobre a celebración.
“As circunstancias actuais obrigan a cumprir protocolos en celebracións e eventos públicos, respectar aforos, e a maiores, aconsellan a tomar decisións responsables coa situación sanitaria”, comentou.