A V Romaxe Viquinga do Vicedo será o 29 e 30 de xullo

AMariñaXa
Presentanda a V edición da Romaxe Vikinga do Vicedo, un evento que xa ten o seu oco na programación turística da Mariña no verán.
cartel V Romaxe Vikinga vicedo 1
3 Jun 2022

Presentanda a V edición da Romaxe Viquinga do Vicedo, un evento que xa ten o seu oco na programación turística da Mariña no verán. Este ano celebrarase os días 29 e 30 de xullo na praia de San Román e o cartel anunciador é obra do ilustrador Cristian F. Caruncho.

Entre as novidades da programación haberá uns títeres viquingos a cargo de Marionetas Trécola e trátase da Saga de Flinn Havard. Ademais do desembarco, desfiles, música folk, espectáculos de lume, xustas, boda vikinga, etc.

A romaxe comezará o sábado 30 de xullo a partir das 10.30 horas coa apertura dos campamentos, e inclúe a recreación do desembarco viquingo e da batalla, así como actuacións musicais, entre outras actividades. O venres 29 pronunciará o pregón a xornalista Marta Darriba e a continuación haberá pasarrúas no casco urbano.

Dende a organización animan a participar neste evento no que a través dunha conmemoración histórica permite aos asistentes coñecer un dos recunchos máis fermosos do norte da provincia.

Por outra banda fallouse o concurso de debuxo infantil no que os nenos e nenas de CEIP O Vicedo foron agasallados polos seus debuxos. As gañadoras foron Nora e Fátima na categoría de 1º a 3º curso, e Alba e Martina en categoría de 4º a 6º curso. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17665410041809