Cancelada a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña de Xove

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove comunicou que cancelan a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña que se ía celebrar o vindeiro sábado 14 de marzo.
106099895_3290814847811165_2997265272186910539_n
12 Mar 2020

O Concello de Xove comunicou que cancelan a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña que se ía celebrar o vindeiro sábado 14 de marzo.

"Con moito pesar, pero tentando tomar a decisión correcta, a situación sanitaria levounos a cancelar (esperemos que simplemente mudar de data) a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña", din dende o Goberno munipal.

Lembran que os tickets en venta anticipada devolverase nos mesmos establecementos que se mercaron.

Así mesmo, tamén suspéndese a celebración da XXIII Ruta Cabalar que a Asociación de Cabaleiros da Medela tiña previsto celebrar o domingo 15 de marzo.

0.14031386375427