Campaneiros de Galicia preparan unha mañá de toques en Mondoñedo

AMariñaXa
A Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia preparan para o vindeiro 6 de novembro un encontro na praza da Catedral mindoniense.
a as campas o son do camino mondonedo 2022
22 Out 2022

A Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia en colaboración co Concello de Mondoñedo preparan para o vindeiro 6 de novembro unha xornada de toques manuais na praza da Catedral mindoniense.

Así, durante toda a mañá e dende a 1.15 horas poderanse escoitar diferentes toques da man da Asociación Campaneiros.

O toque manual de campás xa foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en todo o estado español, polo seu contido inmaterial dende hai séculos, sendo unha Manifestación Representativa do legado cultural galego.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenvolven a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta linguaxe tradicional.

as campas o son do camino mondonedo 2022
0.057399988174438