Camiño Escena Norte chegará ao auditorio de Ribadeo o 25
AMariñaXa
A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará numerosas propostas escénicas
21 sep 2021
A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará, a partir do vindeiro 12 de setembro e até o 10 de outubro, numerosas propostas escénicas de diversas disciplinas e formatos por nove localidades galegas.
Este proxecto pretende, por terceiro ano consecutivo, expandir e dinamizar o sector escénico que se vertebra arredor do territorio que percorre o Camiño no Norte da península.
Unha das actuacións previstas será en Ribadeo onde, Anabel Díez de El Tejo Producciones de Cantabria representará La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca o día 25 de setembro ás 20.30 horas no auditorio Municipal Hernán Naval. Terá entrada libre previa reserva e está dirixida a un público adulto.