Camiña ofrece na Mariña actividades inclusivas para a cativada

AMariñaXa
[img]1|35|left[/img] Dende Camiña outro ano máis queren ofrecer actividades inclusivas dirixidas a nenos e nenas, entre 3 e 10 anos de toda a comarca da Mariña.
nenos-xogando
Imaxe de arquivo
2 Jun 2024

Dende Camiña outro ano máis queren ofrecer actividades inclusivas dirixidas a nenos e nenas, entre 3 e 10 anos de toda a comarca da Mariña. As actividades vanse levar a cabo nos meses de xullo, agosto e a primeira semana de setembro e terán prioridade aqueles nenos e nenas con discapacidade, aínda que as actividades están abertas para toda a infancia.

As prazas limitadas polo que se establecen criterios de selección. Para máis información débese poñer en contacto coa asociación a través das redes sociais ou do número 982 580 423 de luns a xoves a partir das 16.00 horas  e os venres de 10.00 horas a 13.00 horas.

 

actividades-camina
⚙ Configurar cookies
0.06521201133728