Cambio feminino nos socialistas de Burela
Os burelaos teñen por primeira vez unha candidata coa que o partido espera revalidar a Alcaldía e enfróntase a dous alcaldables consolidados
O profesor socialista e actual alcalde, Alfredo Llano, despídese do bastón de mando despois de tres lexislaturas e cédelle o posto á actual concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, que quere seguir mantendo a esquerda socialista na vila. Pese a que o PP cambiou de líder para os anteriores comicios, cun Manuel Rouco que lle tomou o relevo a José María González Barcia, só lle serviu para manter o xa adquirido. Por outra banda, o BNG, liderado por Mario Pillado, busca darlle á veciñanza “o servizo que merece”, e o novo partido independiente Son Burela, preséntase ás eleccións con Alberto Eiroá e unha lista integrada por burelaos de diferentes idades e sectores.
PSOE. No relativo ao PSOE de Burela, o actual rexedor, Alfredo Llano, non se presenta e deixa paso a Carmela López Moreno, actual concelleira de Servizos Sociais e Mar.
A alcaldable sinalou que dá “un paso adiante” como candidata á Alcaldía “co reto de poder traballar ao servizo da vila na que nacín e a vila que desexo ver medrar día tras día”.
“Preséntome co maior respecto, tamén coa máxima ilusión e, por suposto, sendo consciente da enorme responsabilidade que esixe este cargo público. Quero gobernar para cumprir ese soño colectivo de transformar e modernizar o noso concello”.
Ademais, a candidata socialista explicou que nesta nova andaina política “rodéanme persoas traballadoras e comprometidas. Formamos un equipo que cre nas posibilidades de Burela e no seu futuro. Esa é a nosa senda, traballar por e para Burela e a súa veciñanza".
"Por iso, quero aproveitar esta ocasión para agradecer ao compañeiro Alfredo Llano, así como aos membros do Goberno o seu esforzo incansable ao longo destes anos pelexando sempre por mellorar os nosos servicios e as nosas dotacións públicas ”, incidiu.
“Aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero dende logo que estamos preparados para asumir novos retos que posicionarán a Burela no espazo que se merece. Temos unha folla de ruta clara e un proxecto definido que abarca melloras a todos os niveis e en todas as áreas, no que a participación e a escoita dos cidadáns é fundamental”. E subliñou que “debemos detectar necesidades e conseguir solucións para facilitarlle a vida aos nosos veciños e veciñas”.
BNG. Hai meses que os nacionalistas fixeron público que Mario Pillado sería o seu candidato á Alcaldía de Burela e agora presentan o equipo que o vai acompañar nesta tarefa. Pillado convida ás burelás e burelaos a subirse á Marioneta para levar adiante un proxecto transformador para Burela.
En verbas de Mario Pillado, “para min é un orgullo contar con este equipo tan serio, responsable e traballador e abraioume a predisposición que tiveron dende o comezo de subir comigo á Marioneta. Estamos preparados para asumir o goberno local e darlle á veciñanza o servizo que merece. Comezamos así o noso camiño cara o esperanzador futuro de Burela. Agardamos que moita mais xente se suba á Marioneta”.
Pillado convida ás burelás e burelaos á subirse á Marioneta para levar adiante un proxecto transformador para Burela e está máis convencido ca nunca e “con moitas ganas de liderar ese cambio, coller a responsabilidade da xestión e traballar xunto co seu equipo para asegurar un futuro digno que a veciñanza burelá merece”.
PP. O candidato do Partido Popular de cara ás vindeiras eleccións municipais no Concello de Burela será Manuel Rouco. A proposta, acordada por unanimidade polo comité local, foi apoiada pola dirección provincial.
O popular avanza que “temos un proxecto realista de presente e de futuro para a nosa vila” co que “recuperar o que Burela non debeu deixar de ser durante os anos de desgoberno socialista”.
Rouco considera “fundamental” facer unha correcta “xestión do día a día da vila”. Nese sentido, se consegue o apoio dos veciños e veciñas na cita coas urnas do vindeiro 28 de maio “gobernaremos de cara á xente e non de costas aos intereses dos veciños e veciñas de Burela”, en referencia ao actual goberno.
“Burela ten que recuperar a súa hexemonía na comarca” e para iso “é necesario fomentar a súa dinamización socioeconómica, políticas para favorecer a creación de emprego e o asentamento da poboación; ademais de garantir os servizos aos veciños e veciñas”, expón o popular que se compromete a traballar nesa liña.
SON BURELA. Alberto Eiroá Pérez atópase ao fronte de Son Burela, un novo partido político creado tras un debate por tentar “arranxar o mundo” nunha sobremesa no 2020 por varios amigos.
A formación política independente Son Burela, presenta a súa lista de candidatura para as próximas eleccións municipais en Burela. O seu cabeza de lista e alcaldable, Alberto Eiroá Pérez, é Técnico en Electrónica e Técnico en Electricidade.
Súmase ao proxecto no número dous, Coral Rozas, enfocada ó ámbito social; continúa no número tres, Chema Varela, mestre soldador e profesional da montaxe.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. Carmela López Moreno
2. Ramiro Fernández Rey
3. Lina Gómez Pardo
4. Carlos Méndez Pena
5. Patricia Eijo Palmeiro
6. Antonio Carlos Gonçalves
7. Catalina Caamaño Isorna
8. José Manuel Casdelo Filgueiras
9. María Elvira García López
10. Diego Fole Eimil
11. Celia Álvarez Mazorra
12. Alberto Méndez Suárez
13. Patricia Otero Rodríguez
Suplentes:
14. Manuel José Fernández
BNG
1. Mario Pillado
2. Sandra Fernández Cillero.
3. Roberto Bouza Orosa
4. María Antonia Oroza Fernández
5. Victor Cabarcos Val
6. Teresa Bermúdez de la Puente
7. Anxo Valle Ares
8. María Cao González
9. Ivandro de Brito Soares
10. Rosana Posada Expósito
11. Senín Díaz Mon
12. Dori González Fraga
13. Andrés Quiroga Pérez
Suplentes:
1. José Mon Otero
2. Belen Quíntela Yáñez
PP
1. Manuel Rouco López
2. Encarnación Bernal Marín
3. Félix Alberto Martins Gonçalves
4. María Teresa Lanza Meéndez
5. María Teresa García González
6. Ángel González Villarquide
7. Ana María Álvarez Gómez
8. Susana Fernández López
9. Jovana Oroza Castro
10. Maximino Otero González
11. Diego Rozas Regal
12. Josefa Yáñez Cao
13. Alberto José Ramos Arda
Suplentes:
1. Belinda Romero Oroza
2. Genaro González Debasa
3. Carlos Saa Fernández
SON BURELA
1. Alberto Eiroá Pérez
2. Coral Rozas Manín
3. José María Varela Canoura
4. Yolanda Baamonde García
5. Nilda Borges Da Silva
6. María Varela Canoura
7. Hugo Eiroá Dayán
8. Jesús Rey González
9. Pamela Trelles Martínez
10. Guillermo González Suárez
11. María Begoña Dayán Mariño
12. Jorge Rubal Fernández
13. Raquel Rodenas Eiroá
Suplentes:
1. Manel Salmerón