Cambia a mesa electoral para veciños de varias rúas de Ribadeo
AMariñaXa
Varía o lugar de votación para residentes en varios inmobles das rúas Villafranca del Bierzo, Reinante, San Francisco e Praza España
9 Feb 2021
O Concello de Ribadeo comunica a modificación do lugar de votación para veciños e veciñas residentes en varios inmobles das rúas Villafranca del Bierzo, Reinante, San Francisco e Praza España.
Esta modificación ven motivada pola revisión no censo electoral levada a cabo co fin de non superar os 2.000 electores en ningunha das seccións electorais e dar cumprimento ao disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG). Deste xeito os residentes afectados pasan a ter o seu lugar de votación na sección 1ª (Oficina de Turismo nova, sita na rúa Dionisio Gamallo Fierros.
As rúas afectadas por este cambio son: Villafranca del Bierzo, dos números 1 ao 15; Reinante, do 1 ao 39; San Francisco, do 2 ao 26; e Praza España, do 9 ao 16.