Caderno de bitácora

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Achégate á música clásica da man de Rebeca Maseda, que narra dende preto, historia, cultura e paixón por esta arte.
Rebeca maseda
19 Apr 2021

Por Rebeca Maseda

Un día calquera: Collo o meu coche e saio da Coruña dirección Extremadura. Non teño moitas expectativas neste traxecto, quilómetros e quilómetros de autovía xa coñecida. Desvíome hacia Zamora e Salamanca pola Vía da Prata atravesando campos inmensos sen rastro de civilización, non deixa de sorprenderme a estraña beleza da “nada”. Continúo hacia o sur e de súpeto, á altura de Béjar, atópome con montañas e cumes nevadas, unha auténtica delicia totalmente inesperada para min. Despois dunha certa monotonía o branco da neve parece máis intenso e os fortes raios do sol reflicten no cristal, creando unha luz moi especial. Atravesando o val do Jerte descubro con moita ledicia os prados ateigados de cerdeiras, aínda sen floración, pero igualmente fermosos. O verde do norte da provincia de Cáceres, con Hervás e Plasencia, resúltame familiar e estraño á vez, sen dúbida imaxinaba unha paisaxe diferente. Marabillosos agasallos que nos ofrece o destino...

Unha noite en Badajoz: Antes de degustar un “bacallau dorado” -manxar típico da zona- ceando con Asier e Iván, cellistas queridos e admirados, vou dar un paseíño sobre o Guadiana e disfruto dun impresionante atardecer, miles de cores sobre o río. A “Ponte de Palma”, a máis antiga da cidade, é o mellor dos balcóns para tan incrible espectáculo.

“Flamenqueando” por Mérida: O recendo a historia que desprende esta cidade é único. Parece que aquí o tempo non pasara, como se o reloxo de area tivera unha pedriña encaixada no medio. Antes do concerto teño un ratiño para perderme polas rúas empedradas e mergullarme en “Augusta Emerita”: o Teatro, o Anfiteatro, o Circo, o Templo de Diana, o Arco de Trajano, a Casa de Mitreo e un longo etcétera de xoias arquitectónicas, legado do grandioso Imperio Romano. ¡Qué xentiña tan xenial!

Despois de tan inspirador paseo regreso á Sala Trajano donde terá lugar un concerto moi especial... Música do gran Manuel de Falla e de Lorca, sí, dixen ben, ¡de Federico García Lorca! Resulta que o xenial poeta granadino tamén compoñía e tocaba o piano, datos que persoalmente descoñecía e que non deixan de fascinarme. Está claro que Don Federico estaba bendecido co enigmático concepto do mundo flamenco coñecido como “duende”. Él mesmo afonda nesta idea no seu ensaio “Juego y Teoría del duende”:

«Y Manuel Torre, el hombre de mayor cultura en la sangre que he conocido, dijo, escuchando al propio Falla su Nocturno del Generalife esta espléndida frase: “Todo lo que tiene sonidos negros tiene duende.” Y no hay verdad más grande. Estos sonidos negros son el misterio, las raíces que se clavan en el limo que todos conocemos, que todos ignoramos, pero de donde nos llega lo que es sustancial en el arte. Sonidos negros dijo el hombre popular de España y coincidió con Goethe, que hace la definición del duende al hablar de Paganini, diciendo: “Poder misterioso que todos sienten y que ningún filósofo explica”. Así, pues, el duende es un poder y no un obrar, es un luchar y no un pensar. Yo he oído decir a un viejo maestro guitarrista: “El duende no está en la garganta; el duende sube por dentro desde la planta de los pies.” Es decir, no es cuestión de facultad, sino de verdadero estilo vivo; es decir, de sangre; es decir, de viejísima cultura, de creación en acto.» A beleza coa que Lorca é capaz de definir un concepto tan máxico e enigmático como “duende” é simplemente xenial. Describir o indescritible, arte reservado a uns poucos, tan só de ler as súas palabras emociónome... Mágoa que o odio nos arrebatara tan axiña este mago das emocións, este prestidixitador dos soños máis profundos. Non esquezamos xamais semellante barbarie para crear un futuro un pouquiño mellor e non volver a tempos escuros.

“Turisteando” por Plasencia: Fundada en 1186 polo rei Alfonso VIII de Castela baixo o lema «Ut placeat Deo et Hominibus» -para agradar a Deus e aos homes-, resultou ser unha cidade fascinante. Conta cunha muralla medieval perfectamente conservada con sete portas: Trujillo, Coria, Berrozanas, Sol, Talavera, Clavero e postigo do Salvador. Pero iso non é nada: Catedral, un montón de conventos dunha beleza arquitectónica extraordinaria, pazos e casas señoriais a esgalla, acueduto medieval, xudería... Sen dúbida, outro agasallo inesperado no medio da viaxe.

Outro día calquera: Arranco co meu coche de novo, esta vez rumbo ás Rías Baixas. ¿Qué aventuras me deparará o destino esta vez? Tomarei nota.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17266392707825