Burela xa ten data para a terceira edición do Día da 3ª Xuventude

AMariñaXa
O Concello de Burela xa ten data para a terceira edición do seu Día da 3ª Xuventude.
11 Apr 2024

O Concello de Burela xa ten data para a terceira edición do seu Día da 3ª Xuventude. A celebración terá lugar o vindeiro mércores, 1 de maio, e comezará ás 12.30 cunha recepción na Casa da Cultura. As persoas que o precisen contarán con servizo de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13.30 horas.

A continuación, xa a partir das 14.0, haberá comida e baile no pavillón dos Institutos. Poden participar nesta cita as persoas empadroadas en Burela con máis de 65 anos ou con 60 anos cumpridos sempre e cando sexan pensionistas da Seguridade Social.

Os asistentes poderán vir acompañadas pola súa parella. A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello de Burela e o prazo para anotarse estará aberto dende este xoves 11 de abril ata o 24 de abril.

 

0.1671998500824