Burela xa conta coa mesa local de coordinación contra a violencia de xénero
AMariñaXa
Burela xa conta coa mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, que foi constituída onte no Salón de Plenos
22 Xuño 2021
Burela xa conta coa mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, que foi constituída onte no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Nesta primeira reunión presidida polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, participaron profesionais de todos os ámbitos municipais e outros implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero.
A edil burelesa dixo que “esta primeira xuntanza, na que se definiron os obxectivos e funcións da mesa, serviu ademais para iniciar un diagnóstico de situación e unha primeira recollida de propostas de mellora da coordinación en materia de intervención contra a violencia de xénero no concello”.