Impartirase en Burela un cursiño formativo destinado a persoas estranxeiras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Do 23 ao 30 de marzo impartirase no Concello de Burela un cursiño formativo destinado a persoas estranxeiras.
2 Mar 2020

Do 23 ao 30 de marzo impartirase no Concello de Burela un cursiño formativo destinado a persoas estranxeiras. O obxectivo é axudalas a alcanzar un bo grao de integración, segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Noelia Mª Ben.

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación organiza un cursiño formativo para axudar a alcanzar un bo grado de integración ás persoas estranxeiras. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. O curso terá unha duración de 24 horas e será impartido do 23 ao 30 de marzo no Concello bureles. As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 60 00.

Noelia Mª Ben subliña que “unha novidade no novo regulamento de estranxeiría é a da emisión dos informes de esforzo de integración que poden ser válidos para as renovacións de autorizacións, avaliándose especialmente o esforzo de integración na persoa estranxeira, acreditando a asistencia ás accións formativas de coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatuarios de Galicia, dos valores da Unión Europea, así como dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia, tolerancia e igualdade entre homes e mulleres”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17103219032288