Burela substitue os antigos contedores para a recollida de aceite doméstico por uns novos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense acaba de substituír en Burela os antigos contedores para a recollida de aceite doméstico por uns novos, xa que os anteriores estaban xa en mal estado.
conservas
21 Nov 2019

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense acaba de substituír en Burela os antigos contedores para a recollida de aceite doméstico por uns novos, xa que os anteriores estaban xa en mal estado. Desde a Concellería de Medio Ambiente burelesa lémbranlle á poboación que “son só para aceite de uso doméstico. Este debe depositarse nun envase de plástico pechado e a introducilo nos contedores. Detectamos que ás veces os contedores están á metade da súa capacidade e atopamos botellas ou envases de plástico ao pé destes recipientes e iso non debe ser”. 

Noelia Mª Ben convida á veciñanza de Burela “a reciclar o aceite, xa que se estima que en España 2/3 de este residuo acaba nas alcantarillas, provocando múltiples danos nas tubaxes, malos olores, traballo extra na EDAR, aumento das pragas, contaminación das augas... Cun sinxelo xesto como meter o aceite doméstico usado nunha botella de plástico pechada e depositala no contedor adecuado podemos axudar ao benestar de todos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17224407196045