Burela solidarízase coas persoas con síndrome de Tourette

AMariñaXa
A Casa da Cultura acolleu este sábado a I Gala Solidaria a favor da síndrome de Tourette cun gran éxito de participación
gala-solidariia-tourette-burela
13 Apr 2026

O Concello de Burela acolleu esta fin de semana a I Gala Solidaria a favor da síndrome de Tourette, unha iniciativa impulsada pola entidade Tourette Galicia co obxectivo de concienciar e dar visibilidade a esta enfermidade neurolóxica.

O evento reuniu numeroso público e contou coa participación de diferentes grupos e colectivos locais que ofreceron actuacións ao longo da xornada. Entre eles estiveron ACM Arume, alumnado do CEIP Os Castros, o Grupo de Cordas, Sen Límites, Fervenza 0,0 e Golpe de Efecto, contribuíndo a unha programación variada de carácter solidario e participativo.
A gala contou coa colaboración do Concello de Burela, da ACIA Burela e de ABSA, ademais do apoio de distintos establecementos e negocios da zona, que colaboraron na organización e na realización de sorteos durante o evento.

Desde o Concello de Burela agradeceron a implicación tanto da entidade organizadora como das persoas e colectivos participantes, e destacan a importancia de “apoiar este tipo de iniciativas que axudan a dar visibilidade a realidades que aínda son pouco coñecidas ou mal interpretadas pola sociedade”, salientando que actividades como esta contribúen a fomentar unha maior sensibilización social e a promover unha sociedade máis informada, empática e respectuosa coas distintas realidades.

0.11474204063416