Burela renova o material informático coa axuda da Deputación

AMariñaXa
Con ImpulsaTIC, a Deputación outorga axudas financiadas polo FEDER, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexiona
casa-concello-burela
26 Aug 2024

O Concello de Burela vén de recibir novas axudas da Deputación de Lugo a través do proxecto ImpulsaTIC, financiado cos fondos da Unión Europea. Con ImpulsaTIC, a Deputación outorga axudas financiadas polo FEDER, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, aos 53 concellos adheridos ao proxecto, entre os que se atopa o de Burela. No momento da adhesión cada concello indicou en que actuacións quería participar, y en base a isto e a unha enquisa realizada en cada municipio, licitouse cada proxecto.

O Concello de Burela adheriuse ás seguintes actuacións: a renovación de material para as oficinas de asistencia en rexistro, á renovación de material informático a través da iniciativa Concellos Resilientes, e á adquisición e mellora de equipo para gravar e retransmitir as sesións plenarias. O novo equipo para as oficinas de asistencia en rexistro inclúe dous PCs de sobremesa con dobre pantalla, un PC all-in-one, dous escáneres de mesa e dúas tablets. Parte disto foi xa entregado o pasado día 13 de agosto, e o restante está previsto para esta semana.

A iniciativa Concellos Resilientes supón a chegada de 20 novos portátiles, 20 pantallas adicionais, 20 estacións de conexión que inclúen teclados e ratos, 20 maletíns e 20 cascos. O material para vídeo plenos, que mellora o sistema que xa viña empregando o Concello de Burela, inclúe microfonía e cámaras para gravar as sesións e un software que permite firmar a gravación, custodiala e facer un acta en base a ese vídeo.

0.18631792068481