Burela rende tributo á SD Burela e aos seus veteranos polos seus logros históricos

O Concello de Burela celebrou este domingo, 11 de maio, un acto de homenaxe aos equipos masculino e de veteranos da SD Burela, en recoñecemento polos importantes logros acadados nesta tempada.
A cita tivo lugar ao mediodía no campo da Marosa, converténdose nun espazo de celebración e orgullo compartido. A SD Burela foi distinguida polo seu ascenso á categoría Preferente, mentres que os veteranos do club recibiron unha homenaxe especial pola súa recente vitoria na Liga de Veteranos División de Honra da provincia de Lugo.
Desde o Concello quixeron poñer en valor o esforzo, a dedicación e o compromiso de ambos conxuntos, destacando a súa contribución á vida deportiva do municipio. “Estes equipos manteñen viva a chama do fútbol local e son exemplo dos valores que transmite o deporte: superación, compañeirismo e paixón”, sinalaron desde o goberno municipal.