Burela recibe máis de 41.000 euros para mellorar o servizo nas praias

AMariñaXa
O Concello de Burela vén de recibir 41.
a-marosa-praia-burela
9 Aug 2024

O Concello de Burela vén de recibir 41.449,40 euros por medio da subvención a Concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Esta subvención para a mellora dos servizos das praias provén dos fondos NextGenerationEU da Unión Europea, e supón o 90% do orzamento total das obras, cifrado en 41.449,40 euros.

A axuda serviu para a construción dunha nova caseta que inclúe o posto de socorrismo e uns baños públicos, que foi inaugurada nos últimos días. “Estamos moi contentos co resultado, e seguiremos traballando nesta liña de mellorar servizos, e mellorar a imaxe da vila”, destaca o edil.

“A veciñanza presente cando se estaba facendo a instalación da nova caseta xa nos trasladou a súa satisfacción con esta”, engade. Fernández Rey concluíu sinalando que dende o Concello agardan “que a xente coide a nova caseta e faga uso dela dunha forma axeitada, para conservala da mellor maneira posible”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19327116012573