Burela promove a moda sostible cunha charla aberta ao público

O Concello de Burela continúa apostando pola sensibilización ambiental e social, organizando unha charla sobre moda sostible que terá lugar o vindeiro martes 29 de abril ás 18:00 horas no salón de conferencias da antiga Biblioteca. A entrada será libre para todas as persoas interesadas.
Baixo o lema "Non é só cuestión de estilo, é cuestión de conciencia", a sesión busca achegar á cidadanía o traballo que realiza Cáritas na transformación social a través da moda sostible. Desde o Concello animan á veciñanza a asistir: “Se che apaixoa a moda, te preocupas polo medio ambiente ou simplemente queres descubrir novas formas de consumo responsable, esta cita é para ti”.