Burela promociona a súa pescada do pincho no Salón de Alimentación do Atlántico

AMariñaXa
Burela promociona a súa pescada do pincho no Salón de Alimentación do Atlántico que celebra na Feira Internacional de Galicia, en Silleda
merluza promocion
5 Jun 2022

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e Armadores de  Burela promocionan os seus produtos pesqueiros máis representativos no  Salón de Alimentación do Atlántico Salimat Abanca, que se está celebrando  na Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra). 

Dentro do programa de catas e degustacións dos produtos do mar Galicia  sabe a-mar da Consellería do Mar da Xunta de Galicia destacan un ano  máis a pescada do pincho de Burela e o bonito do norte de Burela. 

Na tarde do xoves celebrouse a degustación gastronómica “Galicia sabe  a-mar: pescada do pincho de Burela a cargo da chef Criselda  Iglesias, de Tapería Lecer de Cangas do Morrazo. A pescada do pincho cociñouse en dúas receitas: “Ensaladilla de Merluza D& Burela” e Merluza  D& Burela con escuma de pataca de Galicia e aliño de froitos secos. Na cata  estas receitas estaban acompañadas de viños da D.O. Ribeiro. 

Salimat constitúe o mellor espazo para promocionar os produtos artesáns,  gourmet, ecolóxicos e innovadores, e por iso Burela participa un ano máis  neste Salón Gastronómico. 

Como xa é tradición, a promoción do Peixe de Burela continuará este  domingo ás 12:00h, coa degustación Galicia sabe a-mar: bonito do norte, a cargo do chef José Manuel Mallón de Espazo Gastronómico Remollo de Ames, acompañado de viños da D.O. Ribeira Sacra. 

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela  inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en  colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

O menú final foi acordado hai tres semanas polos cinco chefs por videoconferencia, para o que elixiron pratos icónicos das súas cartas con produtos de tempada representativos de cada unha das súas cociñas.

Un menú de 16 pratos no que se incluía a “Versión de tacos de Merluza de Burela con kokotxas, emulsión de café e escamas de pimentón” elaborado por Martín Berasategui. O propio chef contactou hai una semana con Armadores de Burela para confirmar que a ‘Merluza de Burela’ sería unha das protagonistas deste “menú impagable”.

Unha irrepetible comida “de cine” que a gastronomía española nunca esquecerá e na que tamén foi protagonista a calidade do produto pesqueiro da lonxa de Burela, brillando nunha exhibición de talento e paixón a cargo de cinco dos mellores chefs de España e do mundo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16819906234741