Burela presentou oficialmente a carreira e festival benéfico Alas de Mariposa
O Concello de Burela organiza, xunto a Fanto Fantini, o sexto Festival Benéfico Deportivo Alas de Vida que terá lugar os días 21 e 22 de setembro na localidade. Haberá actividades para os máis pequenos e tamén un trail e unha carreira para os adultos. No acto de presentación participaron Kiko Muñoz e Antonio Barcia xunto ao alcalde de Burela, Alfredo Llano, e á concelleira de Servizos Sociais, Noelia Mª Ben.
Kiko Muñoz, da asociación Debra Piel de Mariposa, explicou que nesta sexta edición o festival benéfico será o sábado 21, con festa infantil, chocolatada e paseo desde a praza da Mariña ata a Marosa. O domingo será o trail polo Monte Castelo e unha carreira polo asfalto ata o O Cantiño é que a inscrición faise na web www.empa-t.com.
Muñoz lembrou que a idea xurdíu a raíz do nacemento da súa filla Inés, un amigo, Diego Franco, déulle a idea de facer algo polos afectados, ata que o festival acabou sendo un clásico do fin do verán en Burela. Xa superan os 60.000 euros de recadación e cada ano reciben uns 12.000 euros na asociación Pel de Mariposa.
As actividades darán comezo o 21 de setembro ás 16:30 horas na praza da Mariña co paseo solidario e unha festa infantil. O prezo das inscricións é 3 euros. O domingo 22 ás 10:30 horas dará comezo a segunda xornada deste Festival Benéfico Deportivo. A carreira de adultos terá unha lonxitude de 7 quilómetros e o prezo da inscrición é 7 euros. A proba de trail terá un percorrido de 14 quilómetros e o prezo da inscrición é 10 euros.
O alcalde, Alfredo Llano, anima á xente “a participar un ano máis nesta iniciativa solidaria, xa que ademais de facer deporte colaboramos con Debra Piel de Mariposa”. A recadación do festival irá destinada a esta asociación.