Burela presentará o libro Guía de setas de Burela e A Mariña en Mondoñedo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Out 2019
Os Concellos de Mondoñedo e o de Burela presentarán o día 11 o libro Guía de setas de Burela e A Mariña.
Esta presentación será ás 19.00 na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será realizada pola bióloga Cristina García-Echave Puente.
O sábado 12 ás 16.00 horas haberá unha saída para recoller setas que terá saída dende Viloalle, Ponte de Pedra, e recomendan levar calzado de monte e roupa visible.