Burela prepárase para a XX Feira Expomar, que espera bater récords de participación

AMariñaXa
A gran cita bienal da Fundación Expomar celebrarase do 7 ao 10 de maio con máis de 5.000 metros cadrados de exposición e 400 marcas representadas
Burela-EXPOMAR-COMITE-2025
15 Mar 2025

O comité executivo da Fundación Expomar está a ultimar os detalles da XX Feira Expomar, que terá lugar do 7 ao 10 de maio na nave de redes do porto de Burela. Esta edición aspira a superar os récords de participación da anterior, cunha superficie expositiva de máis de 5.000 metros cadrados e a presenza de 400 marcas de distintos países.

A organización tamén traballa na preparación das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que celebran as súas edicións número 32 e 26, respectivamente. Estes encontros reunirán a profesionais e entidades do sector pesqueiro para debater sobre os desafíos e o futuro da pesca.

En paralelo, a Fundación Expomar tamén impulsa o turismo mariñeiro e organizará o 10 de abril unha xornada sobre a “Rede Nacional de Turismo Pesqueiro” en Burela, onde se presentarán exemplos de éxito deste sector en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.1574227809906