Burela prepara un mes de novembro moi teatral

AMariñaXa
O Concello de Burela prepara para este mes de novembro unha ampla programación teatral que será todos os sábados.
Captura de pantalla 2020 05 19 a las 10.41.42
6 Nov 2020

O Concello de Burela prepara para este mes de novembro unha ampla programación teatral. Así, dará comezo esta fin de semana o domingo 8 ás 19.30 horas a obra O mel non caduca de Ibuprofeno teatro.

O seguinte sábado, o día 14, será a quenda de Love está en el aire, un monólogo de David Amor, que será ás 20.30 horas; o seguinte sábado, o día 21 ás 20.30 horas, será Olvida los tambores de Teatro Andanzas, e o domingo 22 poderase desfrutar do documental Honra de Xabi Piñeiro e Breixo LLano.

Xa o sábado 28 ás 20.30 horas As fillas bravas e o mito de Casandra da compañía Chévere Teatro pecharán este ciclo teatral.

Lembran que as obras serán no auditorio municipal e que cumpre todas as medidas hixiénicas e sanitarias. Ademais, é obrigatorio o uso de máscara e xel hidroalcohólico.

0.16552996635437