Burela prepara os areais para a tempada de verán

AMariñaXa
O Concello de Burela comezou estes días as tarefas de adecentamento das praias. Unha máquina oruga da Deputación de Lugo traballa nos areais
a marosa praia burela
20 May 2021

O Concello de Burela comezou estes días as tarefas de adecentamento das praias. Unha máquina oruga da Deputación de Lugo traballa nos areais para telos listos de cara á tempada estival.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “como está xa moi cerca o verán estamos preparando en Burela, xa se comezou cunha máquina oruga, preparando todas as praias que imos empregar, sobre todo a do Portelo e despois tamén vai ir á Marosa”.

O rexedor dixo que “se trata de adecuar e de preparar os areais para que sexan atractivos e cómodos e desde logo que sirvan para atraer moita xente, tanto veciños de Burela como de calquera outro lugar que poidan visitarnos. Imos procurar ter as praias ben preparadas en todos os aspectos, tanto de seguridade como de servizos”.

Llano lembrou que “temos tres bandeiras azuis, como xa é coñecido, na praia da Marosa, en Ril máis no Portelo, e trataremos de facer todo aquilo que sexa mellor para que a xente se sinta cómoda e aproveite esta posibilidade que temos no noso concello, que realmente non é pouco”.

0.18227100372314