Burela ponse en marcha contra o cancro cunha marcha solidaria

AMariñaXa
Unha actividade organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Lugo
cancro-burela
15 Jan 2025

A Asociación Española contra o Cancro en Lugo organiza unha marcha solidaria en Burela o vindeiro 2 de febreiro ás 11.00 horas. A actividade terá saída desde a Praza da Mariña e percorrerá ata a Praia A Marosa en modalidade de ida e volta.

O evento busca concienciar sobre a importancia da loita contra o cancro e promover hábitos saudables, como o exercicio físico, entre a poboación. Unha oportunidade para apoiar unha boa causa realizando deporte.

0.11671280860901