Burela pon en marcha os Espazos das Familias para nais e pais con fillos de 0 a 6 anos

O Concello de Burela presentou unha nova proposta dirixida ás familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos: os Espazos das Familias. Trátase dun programa que busca crear un lugar de encontro no que nais e pais poidan compartir experiencias, resolver dúbidas e recibir formación mentres desfrutan de actividades conxuntas cos seus fillos.
A primeira sesión terá lugar o luns, 29 de setembro, na Aula de Familia da Casa da Cultura, en horario de tarde. Haberá dous grupos de participación, polo que é necesario reservar praza previamente.
Entre as actividades previstas inclúense xogos en familia para estimular o desenvolvemento dos máis pequenos, formación específica para nais e pais, dinámicas de disciplina positiva e espazos de diálogo para intercambiar vivencias do día a día.
As persoas interesadas en participar poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través do teléfono 679 143 620 ou no correo electrónico olaiacao@gmail.com.