Burela organiza unha nova edición da Ocioteca de verán

TerraChaXa | AMariñaXa
12 Xuño 2019

O Concello de Burela organiza unha nova edición da Ocioteca de verán para os nenos e nenas empadroados no municipio, nados entre os anos 2016-2007.
As fichas de inscrición e demais documentación xustificativa entregaranse no Concello dos días 14 ao 17 de xuño, a partir das 8:00 horas. Os nenos que non teñan formalizada e entregada a ficha de inscrición nas datas indicadas non poderán asistir ás actividades.
O 20 de xuño farase pública a lista de admitidos no Concello e na súa páxina web e o 1 de xullo comezarán as actividades que se prolongarán ata o 30 de agosto.
As actividades levaranse a cabo no CEIP Vista Alegre de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá un máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos. O grupo de 3 a 7 anos contará con 25 prazas e o de 8 a 12 anos tamén con 25 prazas.
A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade nos que ambos proxenitores sexan activos laboralmente e os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero. En caso de quedar prazas vacantes, una vez iniciadas as actividades, completaranse os grupos seguindo a lista de inscrición.
Os nenos deberán aportar o material necesario para realizar as actividades, listado que se lles proporcionará os primeiros días.

0.167151927948