Burela organiza un novo rastrillo solidario

AMariñaXa
O vindeiro 27 de xuño terá lugar un novo rastrillo popular solidario en Burela na praza da Mariña. Será no horario de 10 a 15 horas.
rastro burela xuno 1
12 Xuño 2021

O vindeiro 27 de xuño terá lugar un novo rastrillo popular solidario en Burela na praza da Mariña. O edil burelés contou que “xa está aberta a inscrición para o seguinte rastrillo popular solidario que faremos en Burela a finais deste mes de xuño, concretamente o día 27 co horario de sempre: entre as 10 e as 15 horas”.

Díaz explicou que “haberá música, como xa tivemos no anterior rastro en maio, e creouse un ambiente moi bo. Houbo moita participación, con 15 postos en total de diferentes persoas, uns que xa estiveran noutras ocasións e outros non. Pretendemos seguir dinamizando esta aposta nos últimos domingos de mes para crear un pouco de ambiente en Burela”.

O concelleiro de Cultura engadiu que “para inscribirse hai que chamar á Casa dá Xuventude de Burela, aos teléfonos 982 581 141 ó 608.158.170. Ademais estará anunciado nas redes sociais e na páxina web do Concello. Para apuntarse hai que doar un quilo de produtos para o Banco de Alimentos. E lembrar que se participa vendendo cousas e recomendamos que sexa a prezos populares para que todo o mundo poida acceder a eses produtos e os que venden vendan e os que compran queiran comprar”.

rastro burela xuno
0.18788909912109