Burela organiza o obradoiro 'Alquimia na cociña'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro titulado Alquimia na cociña, que se celebrará o 7 de novembro ás 16:00 horas na praza de Abastos da vila.
vilalba piscina
21 Out 2020

A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro titulado Alquimia na cociña, que se celebrará o 7 de novembro ás 16:00 horas na praza de Abastos da vila.

A duración do curso será dunhas tres horas e media e para poder asistir é necesario estar empadroado en Burela. As persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, na Praza de Abastos, ou a través do número de teléfono 647 136 673. As prazas son limitadas.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “neste curso descubrirase como facer alquimia na cociña e na vida utilizando ferramentas que todos temos. Abordarase cociña para enfriar, quentar, remineralizar, relaxar, activar ou depurar. Unha boa alimentación está relacionada co bo estado do corpo, un sistema inmune forte e un óptimo peso. E neste obradoiro trataremos todo isto dun xeito teórico e tamén práctico”.

Toñi Eijo engadiu que “faremos diferentes receitas nutricionalmente equilibradas, tanto doces como salgadas. Introduciremos alimentos novos e usaremos os que xa coñecemos dun xeito diferente”.

0.099218845367432