Burela organiza a segunda edición do seu campamento musical
AMariñaXa
A Asociación Usuarios Escola de Música e o Concello organizan o primeiro campamento musical Asuembu 2023. Sserá do 30 de xuño ao 2 de xullo.
6 Maio 2024
Do 27 de xuño ao 30 de xuño terá lugar en Burela a segunda edición do campamento musical, que organizan Asuembu e o Concello. Está dirixido a nenas e nenos a partir de 8 anos. Trátase dunha proposta, homologada con 25 horas de formación, que mantén as súas inscricións abertas ata o vindeiro 15 de maio.
Ofrécense as especialidades de corda fretada, piano e vento. Ten un prezo de 150 euros. O 27 de xuño, haberá unha recepción ao alumnado e ás familias no Ceip Virxe do Carme ás tres da tarde e despois un concerto de cámara na Casa da cultura. O domingo terá lugar o gran conerto final a partir das 18.00 horas no mesmo espazo, onde os alumnos e alumnas poderán mostrar parte do aprendido durante a fin de semana.