Burela ofrece dous obradoiros de radio e fotografía esta fin de semana

AMariñaXa
Estas actividades terán lugar o venres 11 na Casa da Xuventude, e o segundo, o sábado 12 no local da asociación A Moncloa
camara-fotografia
10 Out 2024

O Concello de Burela acollerá esta fin de semana dous obradoiros de radio e fotografía no marco do proxecto Burela
Alumea. Estas actividades terán lugar o venres 11 ás 17:00 na Casa da Xuventude, e o segundo, o sábado 12 ás 17:00 no local da asociación A Moncloa. No obradoiro do venres, as persoas participantes aprenderán a empregar os
seus dispositivos co obxectivo de sacarlles o maior proveito posible. Tamén se lles ensinará a empregar equipamento profesional para obter imaxes e e pezas de audio coas que retratar a cultura mariñeira de Burela.

O taller do sábado, por outra banda, será de radio e foto participativa. Nel, dirixido tanto á rapazada como á xente do mar, aprenderase a xerar contidos que se plasmarán posteriormente no molde do faro recuperado polo Concello. As actividades serán totalmente gratuítas, pero será necesario inscribirse previamente nelas. Poderase facer as inscricións no número de teléfono 627 096 062. O proxecto Burela Alumea conta co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, do FEMPA da Unión Europea e da Xunta de Galicia.

0.17215800285339