Burela lémbralles aos veciños que non está permitido o uso das fontes públicas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Abr 2020

A Concellería de Medio Ambiente lémbralles aos veciños e veciñas de Burela que non está permitido o uso das fontes públicas mentres siga o estado de alarma.

A edil Toñi Eijo dixo: “desde o Concello de Burela queremos recordarlle aos nosos veciños e veciñas que non está permitido o uso das fontes públicas mentres esteamos en estado de alarma polo Covid-19. Parécenos un bo momento para recordalo, porque agora que podemos saír a pasear cos nosos fillos de ata 14 anos, quizais nos acerquemos a algunha fonte e bebamos dela. Dende o Concello, seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade, prohibimos o seu uso, e procedemos a sinalalo mediante carteis, xa que as fontes públicas poderían ser un punto de contaxio”.

A concelleira burelesa aproveita a ocasión “para dar a noraboa polo excelente comportamento que os nosos veciños e veciñas están tendo, e sobre todo aos nenos e nenas de Burela, que están respectando nas súas saídas a fórmula dos catro uns: 1 adulto, 1 vez ao día, 1 hora como máximo e 1 km de distancia da casa”.

0.18456387519836