Burela incorpora ao Programa de Atención a Inmigrantes unha asesoría xurídica

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Concellería de Inmigración e Cooperación incorpora ao Programa de Atención a Inmigrantes a unha asesora xurídica e a un mediador intercultural.
IMG_20190919_114150
9 Oct 2020

A Concellería de Inmigración e Cooperación incorpora ao Programa de Atención a Inmigrantes a unha asesora xurídica e a un mediador intercultural.

A edil Noelia María Ben explica que “a asesora xurídica ocuparase da atención técnica especializada no ámbito de estranxeiría e o mediador intercultural que traballará en coordinación con diferentes entidades e colectivos de ámbito social, educativo, sanitario, cultural...  da localidade”.

A concelleira, a asesora xurídica e o mediador intercultural están a manter encontros con diferentes colectivos “para abordar as necesidades existentes e programar as actuacións que se poderán levar a cabo”. As últimas xuntanzas tiveron lugar con responsables dalgúns centros de ensino como o Ceip Vista Alegre e o IES Monte Castelo”.

Estas incorporacións de persoal ao Programa de Atención a Inmigrantes son cofinanciadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

0.16944289207458