Burela impulsa un novo servizo de apoio integral a persoas migrantes

AMariñaXa
O programa Nnabata ofrecerá acompañamento psicosocial e asesoramento xurídico ata xuño de 2026
Burela-vista
3 Feb 2026

O Concello de Burela, en colaboración coa Asociación Arraianas, pon en marcha o programa Nnabata, un servizo integral dirixido a persoas migrantes e financiado pola Fundación “La Caixa”. Esta iniciativa ofrecerá atención especializada que combina acompañamento psicosocial e asesoramento xurídico, coa finalidade de responder ás necesidades específicas deste colectivo e facilitar a súa integración social e comunitaria.

O programa desenvolverase os xoves na Casa do Concello e permanecerá en funcionamento ata o 30 de xuño de 2026. O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, sinalou que “reforza o compromiso municipal coa igualdade, a inclusión e o apoio ás persoas en situación de maior vulnerabilidade”. Destacou tamén a coordinación entre as áreas de Servizos Sociais e Inmigración e a colaboración con Arraianas, coa que se executaron previamente actividades exitosas.

Dende o Concello subliñan que Nnabata “é un exemplo de cooperación entre administración local e entidades sociais, sumando esforzos para avanzar cara a unha Burela máis xusta, inclusiva e acolledora”.

⚙ Configurar cookies
0.078143119812012