Burela impulsa novas actividades no Recuncho Multicultural

AMariñaXa
O Concello e os colectivos da vila acordaron retomar proxectos para fomentar a integración e a convivencia cidadá
BURELA recuncho multicultural 2025
2 Oct 2025

Burela acolleu o pasado luns unha xuntanza que serviu para reactivar o Recuncho Multicultural, un espazo impulsado polo Concello co propósito de promover a diversidade cultural e favorecer a integración entre veciños e veciñas de diferentes orixes.

No encontro participaron representantes de asociacións e comunidades residentes na vila, que puxeron enriba da mesa unha ampla variedade de propostas para desenvolver nos próximos meses. Entre elas destacaron iniciativas destinadas a reforzar a unión entre culturas, abrir canles de colaboración e favorecer a participación cidadá a través de actividades abertas a toda a poboación.

A reunión concluíu coa decisión de manter novas citas de traballo que permitan avanzar na concreción dos proxectos. A intención é que o Recuncho Multicultural se converta nun espazo vivo, con programación estable e accesible, que reflicta a riqueza e pluralidade de Burela.

O tenente da alcaldesa, Mario Pillado, agradeceu as achegas realizadas polos colectivos. “Dende o Concello estamos encantados coas propostas e aportacións que nos chegan. Cada encontro xera novas ideas que fortalecen os proxectos que desenvolvemos. A súa colaboración é esencial para seguir mellorando a nosa vila”, subliñou.

⚙ Configurar cookies
0.095305919647217