Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Debido ao importante aumento de contaxios de covid e sobre todo ao crecemento desproporcionado que se produciu na Mariña e noutras vilas debido a diferentes gromos, o Sergas dicidiu aumentar os niveis de alerta en varios concellos de toda Galicia, entre eles tamén na provincia de Lugo.
Así, pasan ao nivel máximo de restricións Burela, Foz, Viveiro e Monterroso. Había meses que non se tiña un concello neste nivel de alerta na provincia de Lugo. No resto de Galicia, no mesmo nivel están Muros, Baiona, Boiro, O Barco, Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo.
Así mesmo, en alerta alta sitúase Lugo, que estaba en media. Soben tamén de súpeto Chantada e Monforte e súmanse a Cervo e Ribadeo, que xa tiñan este tipo de restricións. O veciño Concello das Pontes, que ten un gromo entre a mocidade, tamén entra directamente neste sistema de alerta.
No nivel medio seguirán Sarria, Vilalba e Mondoñedo, aos que se unen Barreiros e O Valadouro.
As novas restricións entrará en vigor na medianoite do venres ao sábado.
AS RESTRICIÓNS
Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.
Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.
Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.
Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.
En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.
Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.
OS DATOS DE HOXE
O ritmo de crecemento da covid segue baixando. Hoxe hai 2100 casos activos, o que supón 100 máis que onte. Esta cifra obtense polos 142 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 45 altas.
Na xornada de onte foi de 119 o aumento de casos activos, con 134 novos positivos e 22 altas. Estas cifras amosan que descenden os novos casos e o crecemento ralentízase malia ter menos altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 15.785 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.
A presión hospitalaria si que aumenta a 31 persoas ingresadas (1 máis). Ponse difícil a situación na UCI, que pasa de 1 a 3 enfermos, todos no Hula. Nas plantas hai 28, 18 no Hula (1 menos), 8 na Mariña e 2 en Monforte.
Os concellos en situación de alerta alta son: Viveiro, Cervo, Burela, Foz e Ribadeo.
En alerta media están: Sarria, Lugo, Vilalba e Mondoñedo
POR COMARCAS
A Mariña segue sumando positivos pero a menor ritmo mentres no resto mantense unha situación estable agás en Lugo, onde casos seguen disparados. Chantada tamén experimenta un importante incremento de casos mentres Sarria non acaba de baixar.
A Mariña
- Viveiro segue sumando descontrolado ata 239 casos (9 máis), Cervo ten xa 41 casos (1 menos), Burela 158 (6 máis), Foz 145 (4 máis), Ribadeo 95 (5 máis), Mondoñedo con 23 (1 máis), Barreiros segue con 15, Lourenzá ten 13 casos (1 máis), ao igual que O Valadouro e Alfoz e o Vicedo debutan con 10, todos en valores de alerta alta ou máxima.
- Con algún caso activo e incidencia baixa están Xove, Ourol, Trabada e A Pontenova.
- Riotorto leva limpo 15 días.
Terra Chá
- Vilalba chega a 63 casos (1 máis) coa incidencia controlada.
- As Pontes ten 54 casos (2 máis).
- Rábade, con 15 casos (2 máis), está con incidencia moi alta.
- Abadín con menos de 10 tamén está alta a incidencia.
- Outeiro de Rei sobe a 18 casos (2 máis) e Begonte e Meira con menos de dez están en valores preto de alerta.
- Guitiriz, Friol, Pol, Castro de Rei, Xermade e A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Cospeito con 10.
- Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 568 (24 máis).
- O gromo en Monterroso segue sumando ata 43 (2 máis).
- Palas con 22 (4 máis), A Fonsagrada con 11 (1 máis), O Corgo con 10 (1 menos) e Guntín, Antas de Ulla e Portomarín con menos de 10 teñen a incidencia alta.
- Castroverde, As Nogais, Baleira e Navia de Suarna teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese Baralla.
- Becerreá, Cervantes e Pedrafita están sen casos na última semana.
- Limpos de covid nos últimos quince días permanecen Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- Sarria sobe a 59 positivos (2 máis) pero rebaixa a incidencia a sete días.
- Paradela con 11 casos (1 máis) en quince días reduce a incidencia a unha semana.
- Láncara, Triacastela e O Páramo teñen a incidencia preto de valores de alerta. Únese Samos.
- O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Monforte suma ata 91 casos (4 máis), en zona de alerta.
- Chantada sobe de novo a 60 casos (7 máis).
- Carballedo con menos de 10, Bóveda con 11 (1 máis) e Taboada con 12 están coa incidencia moi alta.
- O Saviñao (con 10) e Folgoso do Courel, con menos de dez casos, están en valores preto de alerta.
- Ribas do Sil, A Pobra de Brollón e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
- Pantón e Sober levan sen contaxios unha semana.