Burela está a elaborar un Plan de Mobilidade Urbana Sustentable con colaboración veciñal

AMariñaXa
O Grupo de Participación Adolescente de Burela prepara a Búsqueda do Tesouro. Será o venres 25 de febreiro de 19.00 a 22.00 horas
Burela vista de noite 2022
5 Sep 2023

O Concello de Burela está a elaborar o seu Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS), unha ferramenta estratéxica para mellorar os desprazamentos de vehículos e peóns no día a día do municipio.

Ademais, trátase dun documento imprescindible para a obtención de fondos europeos de mobilidade que melloren os desprazamentos internos nos núcleos de poboación e entre concellos próximos.

“O PMUS é unha ferramenta estratéxica para planificar e para tomar decisións sobre a mobilidade no concello, atopando, entre todas e todos, maneiras de movernos a diario dunha forma máis sustentable e eficiente, tanto os vehículos como as persoas, con hábitos respectuosos co medio ambiente e que nos axuden a aforrar recursos”, explica a alcaldesa de Burela, Carmela López.

Ademais, o PMUS tratará de facer a vila máis accesible para todas as persoas reducindo barreiras arquitectónicas, mellorando a relación entre peóns e vehículos e facilitando o acceso aos transportes públicos.

Para conseguir os obxectivos do PMUS, un equipo técnico realiza desde o mes pasado estudos para analizar os desprazamentos a pé, en bicicleta, en vehículo privado ou no transporte público; e o modo en que os veciños utilizan os espazos públicos (as rúas, as prazas, as zonas verdes, etc).

Analizaranse tamén a ocupación dos aparcadoiros, os problemas de seguridade viaria e a configuración das rúas, para detectar as carencias na accesibilidade ou os problemas que conducen á degradación ambiental.

Enquisa veciñal

Ademais das análises técnicas, o Concello de Burela solicita a colaboración da veciñanza para que aporte información e opinións que son vitais á hora de elaborar o PMUS. Pódese contribuír cubrindo a enquisa online aquí.

A enquisa permanecerá aberta durante os meses de setembro e outubro. Posteriormente terán lugar, ademais, distintos actos de participación e obradoiros nos que se recollerá a opinión da veciñanza, e que serán anunciados nos medios de comunicación e a través das redes sociais do concello.

PMUS BURELA

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17501616477966