Burela e Tarifa únense na divulgación do bonito a través dunha ruta gastronómica

AMariñaXa
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, participou na Xornada Divulgativa do Bonito celebrada en Tarifa xunto co seu homólogo
Tarifa Burela union bonito comercializacion (1)
27 May 2022

Os municipios de Tarifa e Burela plantéxanse o establecemento de alianzas ao redor do valor económico e patrimonial da captura e comercialización do atún.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, participou na Xornada Divulgativa do Bonito celebrada en Tarifa xunto co seu homólogo no lugar, Francisco Ruiz, o Secretario Xeral da OPP de Burela, Sergio López, e representantes da Cofradía de Pescadores e da Asociación Gastronómica de Tarifa.

A intervención telemática de Alfredo Llano xirou entorno a tres aspectos fundamentais: a divulgación das cualidades do Bonito de Burela, a defensa dunha pesca sostible e a repercusión gastronómica, cultural e turística do produto.

“Para Burela o bonito foi un factor clave de desenvolvemento a nivel socioeconómico, cun porto pesqueiro dos máis importantes do Cantábrico, unha Feira do Bonito recoñecida de interés turístico nacional, e un barco museo sobre o mar que recolle toda a historia mariñeira dos boniteiros na comarca”, salientou Llano.

Ambos rexedores destacaron as cualidades gastronómicas do Bonito de Burela e do Atún Rojo de Tarifa, con repercusións no plano cultural e turístico.

“Compartimos con Tarifa a defensa do noso produto, que divulgaremos en conxunto co Atún Rojo, promovendo unha ruta gastronómica que de seguro terá aínda máis repercusión no plano cultural e turístico”, explicou o rexedor en alusión á iniciativa da ruta que se establecerá entre Burela e Tarifa para divulgar as cualidades do bonito.

Ademais, o alcalde de Burela puxo en valor “os métodos de pesca sostible empregados nas nosas costas, unhas prácticas respectuosas co medio que supoñen un distintivo irrenunciable e co que institucións e sector pesqueiro estamos fondamente comprometidos”.

Nesta xornada tamén se fixo unha análise da situación actual do sector, con representación de organismos públicos e privados, que abordaron a arte da pesca e o seu entorno como fonte de produtos turísticos, finalizando con showcooking e unha degustación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17956781387329