Burela disfruta de obras rematadas no parque Rosalía e na avenida da Marosa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Burela recibiu dúas obras realizadas no parque Rosalía de Castro, onde foi remodelada a zona de xogo dos máis pequenos, e na avenida da Marosa na que se cambiaron once luminarias.
comunicado aspontes 696x379
2 Oct 2019

O Concello de Burela recibiu dúas obras realizadas no parque Rosalía de Castro, onde foi remodelada a zona de xogo dos máis pequenos, e na avenida da Marosa na que se cambiaron once luminarias. O investimento total ascendeu a 10.000 euros procedentes de remanentes do Plan Único da Deputación de Lugo do ano pasado.

O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, explicou que “foron entregadas dúas obras que viñan procedentes de fondos de remanentes da Deputación do Plan Único do ano pasado. As obras consistían nunha reparación no parque Rosalía de Castro, no que na zona dos máis pequenos había elementos que estaban deteriorados e incluso algún que non cumpría a normativa vixente para este tipo de parques. Solventáronse todos os problemas, reparouse tamén o solo e algúns elementos estruturais do parque. A contía da obra ascendeu a 7.866,21 euros”.

O edil burelés contou que “outra obra que se acometeu foi o cambio de luminarias na avenida da Marosa, na estrada que vai desde A Casilla ata a Marosa.  Cambiáronse once luminarias que eran de vapor de sodio e que tiñan un consumo e un mantemento que era caro, por outras de tipo led de 60 watios co cal a zona queda moi iluminada e ademais imos conseguir tamén un aforro enerxético, que é un dos obxectivos que estamos tendo desde o equipo de goberno durante toda a lexislatura e esperemos seguir esta con este tipo de actuacións. A obra tiña unha contía de 3.088,77 euros”.

Fernández Rey engadiu que “estamos nesta liña de traballo de intentar o aforro enerxético e cambiar luminarias antigas que teñen un consumo e un mantemento importante. Entramos dentro do Plan Ilumina da Deputación e Burela vai contar cun orzamento en torno a 13.000 euros, que imos acometer en breve, esperemos que cando a Deputación licite esa obra xa poidan acometela. Imos actuar noutras rúas de Burela cambiando luminarias e intentando mellorar tanto iluminación como tamén conseguir un aforro enerxético”.

0.14791202545166