Burela conta cunha gran programación cultural para este trimestre

AMariñaXa
O auditorio de Burela acolle unha ampla programación cultural para o derradeiro trimestre do ano 2021.
Auditorio Casa da Cultura de Burela
8 Out 2021

O auditorio de Burela acolle unha ampla programación cultural para o derradeiro trimestre do ano 2021. Así, durante todos os sábados e un venres haberá un espectáculo diferente e dará comezo o sábado 9 ás 18.00 horas co concerto de Pakolas, Ramona Órbita, a dona do tempo; o día 16 ás 18.00 horas Caxoto representará Levántate Xan!!!, o venres 22 ás 20.00 horas será o proxecto do Comercio Xusto Solidaridade Internacional de Galicia e a representación da obra Vaia tea da Compañía Xucrutt Teatre.

O sábado 23 ás 18.00 horas haberá un concrto de Música Miúda a partir de 3 anos, e o último sábado, o 30, a partir das 20.00 horas dará comezo o Ciclo Gargalladas de Teatro Afeccionado da provincia de Lugo que nesta ocasión presentará Vaia faena, a corentena do Grupo de Teatro O Centiño.

Xa en novembro, o sábado 13 ás 20.30 horas será a quenda de O Premio, unha obra de teatro a cargo de La Quintana, o domingo 21 ás 19.30 horas  a Compañía Teatro do Atlántico representará Libre como os paxaros. Oderradeiro sábado de novembro culturactiva presentará Conexión Pingüín.

O mes de decembro comezará co concerto de Guadi Galego o sábado 11 ás 20.00 horas, o concerto de panxoliñas e música coral a cargo da Polifónica de Burela será o sábado 18 ás 20.30 horas e o domingo 19 ás 19.00 horas os máis pequenos poderán desfrutar dunha musical sobre o Nadal. O día 23 de decembro Mircromina teatro de títeres presentará Historia para unha man.

0.21956300735474