Burela conta as horas para o Osa do Mar
Burela prepárase para o festival Osa do Mar, que se celebrará esta fin de semana no municipio co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A cita, que cumpre dez edicións, aposta por dar espazo as bandas galegas e a música en galego e tamén a artistas locais. Contará coa presenza dalgúns consagrados como Iván Ferreiro xunto con outros como Tanxugueiras, Mondra, Grande Amore ou The Rapants que farán desfrutar ao público.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do festival Osa do Mar desde a primeira edición. Nesta anualidade, a área de Mocidade destina 14.000 á Asociación Cultural Fanto Fantini. O colectivo segue organizando coa mesma ilusión que ao principio este Festival de música, sen ánimo de lucro, na Mariña de Lugo. Cada ano preparan un programa orixinal e divertido mesturando diferentes estilos. Tendo en conta a liña que marcaron desde o primeiro ano intentan que boa parte sexan grupos emerxentes.
CONSULTA TODO O PROGRAMA PREMENDO AQUÍ