Burela celebrou unha charla sobre o uso de desfibriladores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
No Concello de Burela celebrouse unha charla sobre o uso de desfibriladores á que asistiron persoal municipal e dos clubs deportivos da localidade.
15 Nov 2019

No Concello de Burela celebrouse unha charla sobre o uso de desfibriladores á que asistiron persoal municipal e dos clubs deportivos da localidade. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, lembrou que o Concello ten instalados desfibriladores en puntos estratéxicos como a Biblioteca, a Casa do Concello, o pavillón Vista Alegre, o campo de fútbol da Marosa e as praias. Burela conta na actualidade con seis desfibriladores e o edil aposta por ampliar esta cifra en canto sexa posible.

Ramiro Fernández contou que “no día de hoxe no Concello de Burela estivemos facendo unha charla de reciclaxe da formación, tanto para traballadores municipais como para xente dos clubs deportivos de Burela, para volver falar sobre os desfibriladores”.

O concelleiro de Deportes subliñou que “é unha formación que se debe reciclar de cando en vez e tocábanos agora despois de dous anos. Invitamos tanto a traballadores do Concello como a membros dos clubs deportivos de Burela a que puideran facer esa reciclaxe para telos ben formados en canto ao uso dos desfibriladores porque en calquera momento pódese dar a circunstancia, como tristemente pasou fai pouco, de que hai que botar man deles e hai que saber usalos”.

O edil burelés salientou que “desde o Concello de Burela é unha aposta que fixemos desde que entramos no goberno, entendemos que é un tema moi importante, e así o demostramos. Agora mesmo temos seis desfibriladores activos, en lugares públicos como poden ser a Biblioteca, a Casa do Concello, o pavillón deportivo, o campo de fútbol da Marosa e nas praias. Queremos ter esa opción de ter un desfibrilador neses lugares para que en calquera momento, si se dera a circunstancia de ter que botar man del, telo operativo, ben revisado, ao día en todo o que corresponde e ademais intentar ter ao máximo número de persoas formadas para poder usalo. É unha formación que está dando Camilo Vázquez, a quen teño que agradecer que, sempre que o Concello de Burela o chama, está disposto a colaborar en todo o que se refire a este tema, tanto na formación que está dando hoxe el, como cando participa na Semana do Deporte e incluso cando nos trae aquí, como o último ano, unha demostración á praza do Concello que foi multitudinaria”.

Fernández Rey reiterou que “é un gasto que corresponde facer, nosoutros considerámolo unha inversión. É verdade que son uns cartos que hai que investir, pero penso que merece a pena ter eses desfibriladores en estado de revista e con xente preparada para poder actuar no momento que haxa unha emerxencia, porque se podemos salvar unha vida non hai cartos que o pague. É unha aposta que levamos facendo desde que estamos no equipo de goberno e esperamos poder seguir apostando claramente, e intentar reforzar incluso se podemos con máis a presenza de desfibriladores que poden salvar unha vida en Burela”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18007516860962