Burela celebrará o Día da 3ª Xuventude cunha xornada festiva o 1 de maio

AMariñaXa
O evento, dirixido ás persoas maiores do municipio, incluirá sesión vermú, comida e música no pavillón dos institutos
Casa_concello_Burela
16 Apr 2025

O Concello de Burela organiza unha nova edición do Día da Terceira Xuventude, unha celebración que terá lugar o xoves 1 de maio a partir das 13:00 horas no pavillón dos institutos. A xornada, dedicada ás persoas maiores empadroadas no municipio, ofrecerá unha sesión vermú con recepción previa á comida como parte dun encontro festivo que busca recoñecer e homenaxear á veciñanza sénior.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse entre o 10 e o 24 de abril na Casa do Concello. Para poder formar parte do evento, é necesario estar empadroado/a en Burela e ter cumpridos 65 anos ou 60 no caso de ser pensionista da Seguridade Social ou xubilado do mar. Ademais, permítese acudir acompañado do cónxuxe.

Desde o Concello destacan que esta celebración é un xeito de fomentar a convivencia e agradecer o papel fundamental que xogan as persoas maiores na sociedade burelá.

⚙ Configurar cookies
0.067637920379639