Burela Castrexa pon en marcha a busca do torques sagrado

AMariñaXa
Os interesados poden formar o seu clan con mínimo 4 persoas e prepararse para desvelar os segredos da nosa terra celta
burela-festa-castrexa-2024
Cartel da cita
19 Xuño 2024

Este domingo 23 ás 11.00 horas terá lugar na praza do Concello de Burela a grande busca do torques sagrado. Os interesados poden formar o seu clan con mínimo 4 persoas e prepararse para desvelar os segredos da nosa terra celta, enfrontar desafíos ancestrais e reclamar a gloria que só os máis valentes conseguirán.

Os interesados deben mandar un correo a festacastrexaburela@gmail.com. Pódese inscribir ata o xoves 20 para participar nesta iniciativa da asociación Burela Castrexa.

0.15225005149841