Burela avanza na preparación das festas patronais

AMariñaXa
As festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño e a comisión organizadora comeza hoxe a pedir donativos polos negocios
240322 Foto comision festas Burela
25 Mar 2022

A comisión comezou coa recollida de donativos e conta xa coa confirmación de oito orquestras.

As festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño. A comisión organizadora comezou a pedir donativos polos negocios locais, segundo anunciou a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.

A edil burelesa explicou que “a comisión de festas vai saír á rúa a pedir donativos polo comercio e pola hostalería para as festas de Burela, que serán os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. Intentamos ter a colaboración máxima porque este ano non está a situación como cando fixéramos as últimas festas. Entón esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, pero tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo, aínda que sexan 2 euros, poida facelo; vennos todo xenial”.

Toñi Eijo dixo que “xa temos contratadas as orquestras, pero para o resto do programa contaremos co que se vaia recadando para facer unhas cousas ou outras. Se recadamos o diñeiro necesario e temos a sorte de que se poida facer todo o que se facía nos últimos anos así o faremos".

A comisión xa confirmou a participación de varias orquestras. Así, América e Saudade estarán o venres 3 en Burela; Dimensión e Salvaje o sábado 4; Ritmo Joven e El Combo Dominicano o domingo 5, e o luns pecharán as celebracións Solara e Panorama.

As Encaixeiras de Burela colaborarán coa comisión organizadora das festas patronais de 2022.

0.12953305244446