Burela adhírese á Estratexia de Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde

AMariñaXa
Onte pola noite, no auditorio da Casa da Cultura, houbo un acto de presentación da adhesión do Concello de Burela á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.
reunion saude e prevencion sistema nacional burela
20 Xan 2024

Onte pola noite, no auditorio da Casa da Cultura, houbo un acto de presentación da adhesión do Concello de Burela á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.

“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica", explica a alcaldesa, Carmela López

"Saúde en Todas as Políticas é un enfoque de saúde pública que toma en conta, de maneira sistemática, as implicacións das decisións sobre a saúde, busca sinerxias, e evita impactos negativos sobre a saúde, co obxectivo de mellorar a saúde da poboación e a equidade en saúde", engade López.

"A partir de xa crearemos unha mesa de traballo onde todos os veciños e veciñas de Burela se vexan representados e un mapeo de todos os recursos de saúde cos que conta a nosa vila: rutas, cursos, servizos… para que cada un de vós sexa coñecedor de todos os lugares e actividades que contribúen á saúde e ao benestar na nosa vila", remata a alcaldesa.

0.13761901855469