Burela acometerá a limpeza subsidiaria de varias fincas urbanas

AMariñaXa
O Concello repercutirá o custo das actuacións aos propietarios e aplicará sancións económicas
alvaro-cunqueiro-Burela-8
24 Feb 2025

O Concello de Burela levará a cabo nos próximos días a limpeza subsidiaria de varias fincas urbanas co obxectivo de garantir a seguridade e a salubridade. As actuacións realizaranse en parcelas situadas no número 8 da rúa Álvaro Cunqueiro, no 67 da rúa Camiño Real e no 22 da avenida Arcadio Pardiñas.

O custo da limpeza oscilará entre os 0,5 e os 0,7 euros por metro cadrado, e os propietarios que non cumpriron coa súa obriga de manter os terreos en condicións adecuadas deberán asumir o prezo final da intervención. Ademais, en función da gravidade do incumprimento da orde de execución, poderían enfrontarse a sancións económicas que van dos 300 aos 6.000 euros.

Desde o Concello lembran a importancia de manter as fincas limpas para evitar problemas de insalubridade, riscos de incendio e outros perigos asociados ao abandono de terreos en zonas urbanas.

⚙ Configurar cookies
0.17936205863953