Burela acollerá un curso de atención sociosanitaria en domicilios

AMariñaXa
O Centro de Formación do Concello de Burela acollerá  un curso gratuíto de atención sociosanitaria en domicilios, que organiza a empresa IDADES SL.
maiores residencia coidado saf
21 Xan 2023

O Centro de Formación do Concello de Burela acollerá  un curso gratuíto de atención sociosanitaria en domicilios, que organiza a empresa IDADES SL.

Todas as persoas interesadas en traballar no sector poden inscribirse ata o 1 de febreiro ás 14 horas. O curso consta de 20 horas teóricas e 100 horas prácticas. A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explica que “a parte teórica será impartida no Centro de Formación do Concello. Deste xeito colaboramos coa empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar do noso concello coa intención de formar a persoas interesadas laboralmente nun sector moi necesario e en crecemento garantindo a calidade do servizo.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 615 667 303, ao correo electrónico libertad@idades.es ou achegarse persoalmente á Avenida Arcadio Pardiñas, 137-Entreplanta 5, de Burela. 

0.19923996925354